AFAN.LAR, unha ventá aberta ao mundo

A Fundación AFAN.LAR naceu no ano 2014 e foi declarada Fundación de interese galego en decembro dese mesmo ano.

Xuntos por un obxectivo

Compartimos unha profunda sensibilidade ante as dificultades ás que se enfrontan as persoas con problemas de mobilidade no seu día a día. A pesar dos avances en accesibilidade, o mundo aínda non está pensado para garantir unha vida autónoma, especialmente no ámbito rural.

Persoas con nos
0 +
anos contigo
0 +

AFAN.LAR xorde coa intención de romper estas barreiras

Contribuímos por unha sociedade máis xusta, inclusiva e consciente da diversidade funcional.

A nosa visión

Soñamos cunha sociedade onde:

01

A diversidade funcional sexa entendida como parte da normalidade

02

As persoas non sexan definidas polas súas limitacións

03

A accesibilidade sexa un dereito garantido e non unha excepción

04

A inclusión sexa real, efectiva e transversal